sábado, 24 de febrero de 2007

Betanzos is diferent


Hoxe desperteime moi globalizado. O meu almorzo de Corn Flakes namentres leo as cotizacións na Bolsa do New York Times parece delicioso. Sorry!!ainda non me presentei. O meu nome es Peter Woock, analista financieiro e claro está, americano. ¿Qué fago eu escribindo nunha revista de Betanzos?. Todo empezou cando o porteiro do meu bloque de apartamentos , faloume da sua vila.
- Tes que visitar Betanzos, dixome. Tes que visitar Os Caneiros e máis a Feira e o Globo no mes de Agosto.
Chamei polo móvil á miña axudante e dixenlle que buscara Betanzos en Internet ¿Betanzos? Si. b-e-t-a-n-z-o-s. Unha vila no sur de Europa. O.K.- Apereceu.” Betanzos: Arroz con chicharos ,patacas novas, repolo de Betanzos e máis cebolas”. Aquelo pareciame ter un algo misterioso e indescifrable. Unha corazonada dixome que era un bo lugar para o fin de semana. De súpeto espeteille – Un avión para Europa.
Fixen escala en Londres, Madrid e Santiago de Compostela e cheguei a Betanzos.
Axiña decateime do grande amor que sinten os betanceiros polo povo americán. Unha torre erguese no medio da praza a imitación dos nosos grandes edificos de Manhatan. Sen dubida tratase do monumento histórico máis importante desta vila, pois do resto, nada destacable.
A xente é cordial e gusta de axudar ós extranxeiros. Aprendese cedo dos seus monumentos e a sua historia. Unha estatua erixida no medio da praza en homenaxe ó telefono móvil foi sufragada por unha importante Compañía telefónica.
O pobo de Betanzos é amante do seus rios. E tal o amor que lle teñen que edifican a menos de medio metro das riveiras para non telas demasiado lonxe.
Gustalles tamen xuntar novos edificios de 15 pisos xunto a vellas pontes de pedra, que pouco valen porque poden ser atravesadas difícilmente polos vehículos. Non acabo de entender a que esperan para derrubalas. ¿Debe ter algunha relación exoterica semellante a frase atopada no internete?.
Máis se algo chamoume realmente a miña atención foi a xuntanza de xentes na chamada “Feira”. Ver tanta xente fixome lembrar do barullo de New York. Ainda así, a xente de por aquí, non parecen ter tantas presas coma nos. E o máis increíble, os prezos das cousas non suben como facemos na bolsa de Wall Pret, e pior ainda, podesen baixar se un anda espabilado. Moito temos que aprender destes povos avanzados.
Un tal Don Nicolás que o parecer ten moita sapiencia, intentoume convencer de que os nosos “Chips” (patacas fritas) proveñen das colleitas agrarias, cando todo o mundo sabe que estan fabricadas en Illinois na grande Multinacional “Chips Pacific & Company”. Debese tratar de algunha falsa creenza destas xentes, boas pero supersticiosas.
Increíble é como gustan de xantar “Octopus” aquí chamado Polbo e que acompañan de cachelos, e segun puiden entender estes son primos das Pa tacas e por tanto emparentados cos nosos “Chips”. As veces é difícil descifrar costumes que veñen de incluso antes do nacemento dos Estados Unidos, e dicer da Prehistoria.
Con todos estes novos coñecimentos tiven que tomar o avión de volta. As Cotizacións de Mac Donalds baixaron dous centavos e os Bull de Chicago perderon de 4 puntos o seu ultimo partido. Realmente o mundo anda revolto. E pensar que en Betanzos andan preocupados por non sei que cousa de un que volveuse medio tolo e anda berrando polas ruas que quere facer un globo xigante de papel que chegue a VOAR.

No hay comentarios: