sábado, 24 de febrero de 2007

Bacallau ao Prestige


Bacallau ao fuel Prestige.
(do libro 1080 receitas de cociña de Ana Botella)


Ingredentes:

- Un Bacallau ben grande, do tipo Prestige (atopanse en calquera mercado).
- Tres Ministros pepeiros dos gordos.
- Un Delegado do Goberno ben peitadiño (de importación).
- Dous Conselleiros nen verdes nen maduros.
- Un Presidente autonómico entrado en anos.(Gran Reserva)
- Un Plan de 7.300 millons de promesas.
- Un buque da armada con 600 “marines” en labor humanitaria.



Coller o Bacallau Prestige polos cornos e partilo xustamente pola metade.
Unha vez feito o buraco menealo ben meneadiño por toda a casa para que solte o xugo. (Non vos preocupedes polas manchas que xa o limparemos). Botarlle unhas oliñas de auga de mar para darlle sabor.
Deixar pasar varios días e botarlle un pouco de Conselleiro (unha vez limpo). Esperar unha semana enteira,e irlle botando os anacos de Delegado de Goberno un día si e outro tamen.
Cando a cousa se poña quente poñerlle os tres ministros con ovos, e deixar repousar.
O Presidente autonomico conservalo no frigoifico antes de botalo para que non pudra. No caso de que este pocho poñerlle por enriba o Plan de 7.300 millons de promesas para que non se note tanto.
Poñer o Bacallau xunto co Delegado, Conselleiro e Presidente no lume, e esperar o tempo que se tarda en rezar un AVE-maría. Se ainda non colle boa cor, pasar do AVE- María e darlle máis lume.
Ollo con ver a TVG namentres esperamos porque podese ir por fora da pota e facer unha boa. Podese tamen proferir conxuros contra a Oposición. Non vale para nada pero queda bonito na mesa.
Xunto co bacallau ao Prestige, alguns entendidos acompañan unhas racións de marines en labor humanitaria. Este costume foi traido polos nosos paisanos que andan polo mundo adiante. E moi tipico dos paises anglo-saxóns.

NUNCA deixar pasar MAIS da conta, NUNCA esquecer de telo todo ben preparadiño MAIS sen apuros, e sobre todo NUNCA MAIS.

Betanzos is diferent


Hoxe desperteime moi globalizado. O meu almorzo de Corn Flakes namentres leo as cotizacións na Bolsa do New York Times parece delicioso. Sorry!!ainda non me presentei. O meu nome es Peter Woock, analista financieiro e claro está, americano. ¿Qué fago eu escribindo nunha revista de Betanzos?. Todo empezou cando o porteiro do meu bloque de apartamentos , faloume da sua vila.
- Tes que visitar Betanzos, dixome. Tes que visitar Os Caneiros e máis a Feira e o Globo no mes de Agosto.
Chamei polo móvil á miña axudante e dixenlle que buscara Betanzos en Internet ¿Betanzos? Si. b-e-t-a-n-z-o-s. Unha vila no sur de Europa. O.K.- Apereceu.” Betanzos: Arroz con chicharos ,patacas novas, repolo de Betanzos e máis cebolas”. Aquelo pareciame ter un algo misterioso e indescifrable. Unha corazonada dixome que era un bo lugar para o fin de semana. De súpeto espeteille – Un avión para Europa.
Fixen escala en Londres, Madrid e Santiago de Compostela e cheguei a Betanzos.
Axiña decateime do grande amor que sinten os betanceiros polo povo americán. Unha torre erguese no medio da praza a imitación dos nosos grandes edificos de Manhatan. Sen dubida tratase do monumento histórico máis importante desta vila, pois do resto, nada destacable.
A xente é cordial e gusta de axudar ós extranxeiros. Aprendese cedo dos seus monumentos e a sua historia. Unha estatua erixida no medio da praza en homenaxe ó telefono móvil foi sufragada por unha importante Compañía telefónica.
O pobo de Betanzos é amante do seus rios. E tal o amor que lle teñen que edifican a menos de medio metro das riveiras para non telas demasiado lonxe.
Gustalles tamen xuntar novos edificios de 15 pisos xunto a vellas pontes de pedra, que pouco valen porque poden ser atravesadas difícilmente polos vehículos. Non acabo de entender a que esperan para derrubalas. ¿Debe ter algunha relación exoterica semellante a frase atopada no internete?.
Máis se algo chamoume realmente a miña atención foi a xuntanza de xentes na chamada “Feira”. Ver tanta xente fixome lembrar do barullo de New York. Ainda así, a xente de por aquí, non parecen ter tantas presas coma nos. E o máis increíble, os prezos das cousas non suben como facemos na bolsa de Wall Pret, e pior ainda, podesen baixar se un anda espabilado. Moito temos que aprender destes povos avanzados.
Un tal Don Nicolás que o parecer ten moita sapiencia, intentoume convencer de que os nosos “Chips” (patacas fritas) proveñen das colleitas agrarias, cando todo o mundo sabe que estan fabricadas en Illinois na grande Multinacional “Chips Pacific & Company”. Debese tratar de algunha falsa creenza destas xentes, boas pero supersticiosas.
Increíble é como gustan de xantar “Octopus” aquí chamado Polbo e que acompañan de cachelos, e segun puiden entender estes son primos das Pa tacas e por tanto emparentados cos nosos “Chips”. As veces é difícil descifrar costumes que veñen de incluso antes do nacemento dos Estados Unidos, e dicer da Prehistoria.
Con todos estes novos coñecimentos tiven que tomar o avión de volta. As Cotizacións de Mac Donalds baixaron dous centavos e os Bull de Chicago perderon de 4 puntos o seu ultimo partido. Realmente o mundo anda revolto. E pensar que en Betanzos andan preocupados por non sei que cousa de un que volveuse medio tolo e anda berrando polas ruas que quere facer un globo xigante de papel que chegue a VOAR.

Entre o Mendo e o Mandeo

Sí, acabo de nacer, sen saber aínda se quero sr un diario íntimo, unha páxina de noticias, ou un simple desbardalle de desfogo emocional. Seguramente gustame escribir.
Se aparecen lectores, ben. Se ainda por riba son dos que gustan por poñer comentarios, mellor que mellor. Se cadra co tempo convirtome nunha páxina para betanceiros amantes da lectura, do bon xantar e dos que gustan por pasalo tempo sen presas. Son fillo do dereito a preguiza que escribiu Lafargue, e desde logo, non ando pola competitividade nen en querer ser o máis visto, nen o de mellor deseño.
Pois nada criatura, chamome blog por que debo ter alunha orixe no mundo ese dos que mandan no mundo (serei anglosaxón?), ainda que as miñas letras sexas latinas e ibericas.
Vou celebrar o meu nacemento lembrando cousas vellas, de antes de ser parido, e das miñas primas - as follas de papel impreso- .
Reflexións sobre Betanzos e o mundo. Letras, imaxes e músicas dos pensamentos libres e dos librepensamentos, como ese Ateneo que vai nacer na nosa vila e do que tanto esperamos algúns, polas ideas e polos homes e mulleres que o conforman. De seguro os meus primeiros invitados.
Amigos estades invitados a miña festa. Traede textos e comentarios, musicas e dibuxos.
Entre o Mendo e o Mandeo. Entre Lusco e fusco.