lunes, 26 de noviembre de 2007

O Progreso.


O Progreso. Pobre de quen non suba neste carro. ¿Para iso estiveron o nosos devanceiros dandolle a cabeciña tanto tempo? Vaia, vaia. Agora chegamos nós e nun "plis plas" metémonos no século XXI sen pasar polo anterior.
Deuseme este fin de semana, "weekend" para que me entendades, en pasalo polos ancares. Acompañado claro está por intrépidos e aguerridos sendeiristas de lar de Unta. Fixemos Patria canto quisemos. Por Patria entandase Betanzos que das outras pouco entendo.
Ainda puiden sacar fotos de "Adeus rios, adeus montes, adeus regatos pequenos...." pero non sería novedade para Lusco Fusco. Tampouco de como unha chamada "Aldea prerromán"- Piornedo- ten xunto as afamadas pallozas , casas desas das de- cousas veredes-. De feito un turista francés preguntoume cales eran as anteriores a romanización, se as de palla, ou as de bloque, pvc, e "sommier"(*).
Pero para fardar de Progreso mellor a foto que acompaña que non é miña pero que evitame facer comentarios porque ela fala por sí mesma. ¿Queredes encender o bosque? non pensaba nos piromanos. ¿Queredelo encender? Pois deixadevos de enerxías alternativas , ou non vedes que aquí a luz sae das polas dos carballos.
¿Progreso?
(*) No Dicionario da costume galega din: " Peche típico galego, tamén chamado cancela. Orixinario da Edade do Ferro que en Galicia datase entre 1963 e 1976".

jueves, 22 de noviembre de 2007

Fernando Fernán-Gómez

Sempre tópicos cando a ún se lle da por descansar tranquilo e para sempre. Seguro que os seus detractores e inimigos furibundos estarán hoxe facendo mil loubanzas. Eu non podo, porque non hai palabras para definir un xenio. Actor, director, escritor... cine, teatro. Perdese sen dubida unha parte da historia destas artes.
Escollín esta foto xunto con Haro Tecglén por eso de facerlles a ambolosdous unha homenaxe desde este Lusco e Fusco.
Fernando e Haro. Que a terra vos sexa leve.
e...
Artigos sobre Fernando Fernán-Gómez

domingo, 11 de noviembre de 2007

Sexo en Betanzos

Na ilustración: Tarde de Sexo en Betanzos dun tal Picasso.


Pido disculpas a ese 60% (cifras oficiáis de preferencias en internet) de visitantes deste blog que buscaban realmente ¡sexo!, e por riba en Betanzos. Toda a culpa é deste Domingo aburrido. Vou e daseme por mirar en Internet como mellorar as visitas do Lusco e Fusco. Todos os expertos me propoñen facelo en inglés porque eso falan o 85% dos internautas. Sintoo. Vouno seguir facendo en galego.
Outras das posibilidades era poñer nos titulos as palabras-chave do TOP español. Dixen TOP e non POP, que ven ser algo así como que para que a xente lea ás miñas chorradas, teño que falar do BOE, de Operación triunfo, de Zara ou de Libertad Digital, que parecen ser as preferencias dos meus compatriotas. Xa sabía eu que as cousas non andaban ben.
-"la que está liando Zapatero"- que diría o Gran Wyoming.
Pois caseque o final decidinme polo fácil. Sexo, porque dos fascistas de Libertad Digital non tería máis que "palabras inadecuadas" e do BOE pareciame un tanto forte, de O.T. pois que non che sei gran cousa, e de Zara..... ay de Zara o día que escriba, escribo un libro que por algo paso a terceira parte da miña vida baixo esas paredes.
Non deixedes de ver o video clikando en sexo. Sodoma e Gomorra "al alcance de todos".

viernes, 9 de noviembre de 2007

XIII.

Aproveitando que teño que ler en francés e que gusto dos comics (BD que din os galos) e que teño a sorte de ter un compañeiro belga no meu curro que parece ser tamén un apaisoado deste tipo de literatura, pois que me vai e me recomenda "XIII". Sei que falo dun clásico pero para mín era descoñecido. Eu do comic francés ou belga, quedeime en Asterix e Tintín e pouco máis. Agora xa podo fardar de estar practicando francés con esta colección de 19 cadernos.
Como non podía ser doutra maneira haiche xa milleiros de paxinas na rede. Desde wikipedia ata web oficiáis e non oficiáis. Seguro que hai clubede fans. Sinto pero eu non serei un "FRIKI" deses.

domingo, 4 de noviembre de 2007

Samaín


Onte celebramos en Lar de Unta o Samaín. Como non vou a explicar aquí a orixe desta festa que sempre chamouse en Betanzos "Cabeiras dos melóns", queda o enlace da wikipedia.
Foi unha noite ben bonita. Máis nenos que nunca. Despois de facer as cabazas e ao son dun gaiteiro libertario a tradicional marcha pra sacar fora os malos espiritus. E que mellor sitio que no atrio de Santa Maria. Tome Sr. Parroco, unha festa pagana diante da súa casa.
Un prato forte deste Samaín terminado en Magosto popular foi a improvisada formación dun coro que deixaría pasmado aos de Cantigas da Terra. Non sei se pasmados ou espantados, pero coa boca aberta seguro. A musica popular galega ten chegado con esta actuación a súa cimeira. Debeu ser por efecto máxico do viño de Leo que feito con mans druídicas é capaz de facer de nós bardos e poetas da noite estrelada.
Os cativos sempre listos eles decidiron pola súa conta facer un karaoke acompañados dunha tal Julieta Venegas ¡¡Cousas de nenos!!.
Parece que decididamente o Concello e os Sres. representantes do pobo non se dignaron a facer acto de presencia a pesares de teren sido invitados. Hai que llo agradecer pois daquela non poderiamos ter cantado aquelo de "Alza tu cerveza, brinda por la libertad,bebe y vente de fiesta, el infierno es este bar"