O Progreso. Pobre de quen non suba neste carro. ¿Para iso estiveron o nosos devanceiros dandolle a cabeciña tanto tempo? Vaia, vaia. Agora chegamos nós e nun "plis plas" metémonos no século XXI sen pasar polo anterior.
Deuseme este fin de semana, "weekend" para que me entendades, en pasalo polos ancares. Acompañado claro está por intrépidos e aguerridos sendeiristas de lar de Unta. Fixemos Patria canto quisemos. Por Patria entandase Betanzos que das outras pouco entendo.
Ainda puiden sacar fotos de "Adeus rios, adeus montes, adeus regatos pequenos...." pero non sería novedade para Lusco Fusco. Tampouco de como unha chamada "Aldea prerromán"- Piornedo- ten xunto as afamadas pallozas , casas desas das de- cousas veredes-. De feito un turista francés preguntoume cales eran as anteriores a romanización, se as de palla, ou as de bloque, pvc, e "sommier"(*).
Pero para fardar de Progreso mellor a foto que acompaña que non é miña pero que evitame facer comentarios porque ela fala por sí mesma. ¿Queredes encender o bosque? non pensaba nos piromanos. ¿Queredelo encender? Pois deixadevos de enerxías alternativas , ou non vedes que aquí a luz sae das polas dos carballos.
¿Progreso?
(*) No Dicionario da costume galega din: " Peche típico galego, tamén chamado cancela. Orixinario da Edade do Ferro que en Galicia datase entre 1963 e 1976".
No hay comentarios:
Publicar un comentario