domingo, 4 de noviembre de 2007

Samaín


Onte celebramos en Lar de Unta o Samaín. Como non vou a explicar aquí a orixe desta festa que sempre chamouse en Betanzos "Cabeiras dos melóns", queda o enlace da wikipedia.
Foi unha noite ben bonita. Máis nenos que nunca. Despois de facer as cabazas e ao son dun gaiteiro libertario a tradicional marcha pra sacar fora os malos espiritus. E que mellor sitio que no atrio de Santa Maria. Tome Sr. Parroco, unha festa pagana diante da súa casa.
Un prato forte deste Samaín terminado en Magosto popular foi a improvisada formación dun coro que deixaría pasmado aos de Cantigas da Terra. Non sei se pasmados ou espantados, pero coa boca aberta seguro. A musica popular galega ten chegado con esta actuación a súa cimeira. Debeu ser por efecto máxico do viño de Leo que feito con mans druídicas é capaz de facer de nós bardos e poetas da noite estrelada.
Os cativos sempre listos eles decidiron pola súa conta facer un karaoke acompañados dunha tal Julieta Venegas ¡¡Cousas de nenos!!.
Parece que decididamente o Concello e os Sres. representantes do pobo non se dignaron a facer acto de presencia a pesares de teren sido invitados. Hai que llo agradecer pois daquela non poderiamos ter cantado aquelo de "Alza tu cerveza, brinda por la libertad,bebe y vente de fiesta, el infierno es este bar"

No hay comentarios: