domingo, 15 de abril de 2007

Hoxe empeza unha nova bitácora







Despois de moito meditar, creo por fin que xa atopei o xeito de continuar con esto das bitácoras (blogs). Seguramente irá cambiando, pero cando menos deixarei o lado a miña natural preguiza e desde hoxe prometo empezar a escribir.
Veredes que agora hai publicidade. Tranquilos. À miña idade non e que haxa descuberto as ventaxas do mundo comercial, e que queira facerme rico. Asegurovos que foi pura casualidade de querer saber como funciona todo esto. Se algún día cobro algún patacón, que non creo, irá destinado algunha boa causa.... Desde invitar a viños ós amigos ata..... (deixademe ideas nos comentarios).
Pois como dicia. Desde hoxe empezarei a comentar aquelas cousas que pasan pola vida e que me pareza que poidan ter algun chiste poñelas aquí. De entrada, onte a tarde, 14 de abril ¡¡Viva la Republica!! entereime que alguns dos escritores galegos de mais grande fama andaban de romaría polos caneiros. Entre eles Manolo Rivas. E como miña muller anda medio tola polo tal Manolo (non debe ser a unica) fun dandome un paseo por ver se tiña sorte de dar con el, e pedirlle un autografo. Collin a sua obra "Os libros arden mal" (recomendada) e tirei para os Caneiros nun día precioso de sol. Como as cousas funcionan por casualidade fun dar no camiño cun home que resultou ser "blancolexitimo", un deses anonimos que deixan comentarios nos blogs. Alegrome un montón de saber quen é. E mandolle desde aquí unha aperta.

A pesar da tardanza en chegar... liome con calqueira polo camiño....cheguei por fin aos caneiros e como xa estaban para marchar na "Diana Cazadora" tiven que pedirlle a un... (Xurxo Souto) que fixera o favor de chamar a Mr. Rivas , que non ía eu marchar cas mans valeiras despois da camiñata.
Achegueime a el con cara de saber que carallo terá este tal Manolo que non teña eu, para ter tanto exito coas mozas... Non tardei moito en entendelo. Máis alto, máis juapo, escribe mellor e ten fama. Decidin ser modesto e calar. Certamente foi encantador. Agora Rosa ten o libro coa dedicatoria e eu leveime outra que reproduzo a continuación.

" A Suso. Na viaxe río arriba, a libertaria, a contravento! Saude e terra. "


Pd. Mirade este bloq (dun amigo) : O Levantador de minas, onde aperece unha critica da obra de Rivas e outros comentarios. Magnifico blog no continente e nos contidos.







No hay comentarios: