domingo, 27 de enero de 2008

Alcorcón, Spain, Hip Hop e hai que estar cos tempos.

Pois que algó haberá que aprender dos que veñen. Un fillo hiphopero de betanzos e un sobriño graffiteiro de Alcorcón. Esta familia vai dar que falar. A miña nai valialle cun "bolero" e a mín tocoume a década de "Paco Ibañez en el Olimpia", pero que carallo. Agora dise así...

domingo, 16 de diciembre de 2007

Amores ocultos

Como despois de tanta critica e pataleo, vai parecer que ando resentido por algo, e como esta noite vai frío como non facía desde hai anos. O licor de Ron, e a música irlandesa que escoito en Radio Libertaire de París estanme a poñer romántico de máis. E por fin atrevome a falar de enamoramentos e de noites meigas...
Pois ahí tedes a muller dos meus sonos, que espérame nos acantilados da vella Irlanda. Anos levo en dar con ela, e o son dun violin e arpa céltica transportanme nestes intres cara a Illa verde do norte.
Pra que logo digades que son frío e pouco agarimoso. ¿Que máis queredes? Xa vos abrin o meu corazón...
...Sigamos con outra de Licor de Ron.... Vai frío esta noite.

viernes, 7 de diciembre de 2007

Cinco anos xa do Prestige.

Rompeu o cascarón e unha marea negra encheu as nosas praias, e os nosos corazóns.
Recordamos aqueles días, e os días de protestas que fixeron de Galicia un POBO cando menos por un tempo. Durou o que durou, e o que os politicos decidiron. ¿Onde estás "Nunca Máis"?.
Choramos, berramos, e estivemos xuntos na rúa. ¿Onde quedaches "Nunca Máis"?

Daquela ainda tiñamos sentido do humor no Lusco e Fusco........

martes, 4 de diciembre de 2007

¡¡Rojos.Separatistas.Maricones.!!


En España xa non hai franquistas, non. Grazas a transición democrática todos eles decidiron facerse centristas. Pero claro hai cousas que.......
O Sr. Cerolo insultado pola súa condición de homosexual (Tamen son fillos de Deus pero pobriños o que non poden e facelo público), as continuas manifestacións golpistas da COPE, a beatificación dos curas mortos na Guerra do 36 etc etc....
A min danme máis medo estas señoras, que os cabezas rapadas. Aos segundos podeselles ver a distancia, pero estas coa sua bandeiriña ata parecen inofensivas.
O meu preferido e o Sr. Alcaraz da AVT (teño unha foto dandolle a mán a Inestrillas). Non sei se os familiares dos rojos,separatistas e maricones asasinados polo bicho (Don Paco) e os de Salvador Puig Antich, os obreiros de Vitoria, os estudantes asasinados pola Policía nas manifestacións, os advogados de Atocha, Pilar Manjón etc,etc poderían estar nesa Asociación.
Que non, home. Que en España xa non hai franquistas.

lunes, 26 de noviembre de 2007

O Progreso.


O Progreso. Pobre de quen non suba neste carro. ¿Para iso estiveron o nosos devanceiros dandolle a cabeciña tanto tempo? Vaia, vaia. Agora chegamos nós e nun "plis plas" metémonos no século XXI sen pasar polo anterior.
Deuseme este fin de semana, "weekend" para que me entendades, en pasalo polos ancares. Acompañado claro está por intrépidos e aguerridos sendeiristas de lar de Unta. Fixemos Patria canto quisemos. Por Patria entandase Betanzos que das outras pouco entendo.
Ainda puiden sacar fotos de "Adeus rios, adeus montes, adeus regatos pequenos...." pero non sería novedade para Lusco Fusco. Tampouco de como unha chamada "Aldea prerromán"- Piornedo- ten xunto as afamadas pallozas , casas desas das de- cousas veredes-. De feito un turista francés preguntoume cales eran as anteriores a romanización, se as de palla, ou as de bloque, pvc, e "sommier"(*).
Pero para fardar de Progreso mellor a foto que acompaña que non é miña pero que evitame facer comentarios porque ela fala por sí mesma. ¿Queredes encender o bosque? non pensaba nos piromanos. ¿Queredelo encender? Pois deixadevos de enerxías alternativas , ou non vedes que aquí a luz sae das polas dos carballos.
¿Progreso?
(*) No Dicionario da costume galega din: " Peche típico galego, tamén chamado cancela. Orixinario da Edade do Ferro que en Galicia datase entre 1963 e 1976".

jueves, 22 de noviembre de 2007

Fernando Fernán-Gómez

Sempre tópicos cando a ún se lle da por descansar tranquilo e para sempre. Seguro que os seus detractores e inimigos furibundos estarán hoxe facendo mil loubanzas. Eu non podo, porque non hai palabras para definir un xenio. Actor, director, escritor... cine, teatro. Perdese sen dubida unha parte da historia destas artes.
Escollín esta foto xunto con Haro Tecglén por eso de facerlles a ambolosdous unha homenaxe desde este Lusco e Fusco.
Fernando e Haro. Que a terra vos sexa leve.
e...
Artigos sobre Fernando Fernán-Gómez