Mostrando entradas con la etiqueta Gastronomía alternativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gastronomía alternativa. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de octubre de 2007

MC Donalds dos meus amores


Xa sei que de momento estamos libres deste mal pero pouco nos queda para que no medio da Feira nos poñan ún. Lembreime de poñer esto porque no Blog máis visto de Betanzos "El Pasatiempo" o Sr. Sof me recorda o abandonado deste outro blog, menos visitado sen dubida. E tamen porque o día 16 foi o día Internacional contra Mc Donalds, ay, e isto sí que é unha teima miña.
Bon comedor como son (a panza delatame) e amigo de falar de cuchipandas, Mc Donalds é o meu principal "inimigo". Sí, son talibán. Pero motivos non faltan. Hainos ecoloxicos, laboráis, culturáis, sanitarios, e de saude mental. Ademáis un socio de Lar de Unta non pode ir comer a calquera lado, caramba, que hai que ter principios e dignidade.
De momento insisto estamos a salvo. A Globalización gastronómica vai ter en nós, betanceiros de "arroz con chícharos e patacas novas" a inimigos implacables.
Por hoxe conténtome con poñer algunha web que explique dunha maneira máis racional este amor apaixoado pola chamada comida rápida. E como agora están de moda os xogos, non deixedes de facer este.

viernes, 13 de abril de 2007

Curso Pedagoxico.1.Como comportarse nas comidas.

Vai de picada. O meu mestre Sof, quere saber onde gusto encher o bandullo. De momento podo asegurar que o restaurante do video non está en Betanzos,ainda que de seguro que hai algún que.... mellor deixalo de momento.
Nesta primeira lección aprenderemos a comportarnos no momento do bon xantar. De vos depende escoller o xeito de comer, ainda que se esperades a velo todo, non teredes dubida.
Bon proveito



sábado, 24 de febrero de 2007

Bacallau ao Prestige


Bacallau ao fuel Prestige.
(do libro 1080 receitas de cociña de Ana Botella)


Ingredentes:

- Un Bacallau ben grande, do tipo Prestige (atopanse en calquera mercado).
- Tres Ministros pepeiros dos gordos.
- Un Delegado do Goberno ben peitadiño (de importación).
- Dous Conselleiros nen verdes nen maduros.
- Un Presidente autonómico entrado en anos.(Gran Reserva)
- Un Plan de 7.300 millons de promesas.
- Un buque da armada con 600 “marines” en labor humanitaria.



Coller o Bacallau Prestige polos cornos e partilo xustamente pola metade.
Unha vez feito o buraco menealo ben meneadiño por toda a casa para que solte o xugo. (Non vos preocupedes polas manchas que xa o limparemos). Botarlle unhas oliñas de auga de mar para darlle sabor.
Deixar pasar varios días e botarlle un pouco de Conselleiro (unha vez limpo). Esperar unha semana enteira,e irlle botando os anacos de Delegado de Goberno un día si e outro tamen.
Cando a cousa se poña quente poñerlle os tres ministros con ovos, e deixar repousar.
O Presidente autonomico conservalo no frigoifico antes de botalo para que non pudra. No caso de que este pocho poñerlle por enriba o Plan de 7.300 millons de promesas para que non se note tanto.
Poñer o Bacallau xunto co Delegado, Conselleiro e Presidente no lume, e esperar o tempo que se tarda en rezar un AVE-maría. Se ainda non colle boa cor, pasar do AVE- María e darlle máis lume.
Ollo con ver a TVG namentres esperamos porque podese ir por fora da pota e facer unha boa. Podese tamen proferir conxuros contra a Oposición. Non vale para nada pero queda bonito na mesa.
Xunto co bacallau ao Prestige, alguns entendidos acompañan unhas racións de marines en labor humanitaria. Este costume foi traido polos nosos paisanos que andan polo mundo adiante. E moi tipico dos paises anglo-saxóns.

NUNCA deixar pasar MAIS da conta, NUNCA esquecer de telo todo ben preparadiño MAIS sen apuros, e sobre todo NUNCA MAIS.