Xa sei que moitas veces queixamonos da monotonía das nosas vidas, e aínda así, e como o pensamento é libre, deixamonos ir da imaxinación. ¿Quén pretenderá apresar unha nube?.
Hoxe por fin decidín analizar "cientificamente" se alguén visitaba esta bitacora que teño para pasar o rato.... Xa sei que teño unha "forofa" que cando estou preguiceiro recordame as miñas obrigas. Pero tiña curiosidade por ver quen máis.
De Betanzos teño visitas grazas a inestimable axuda publicitaria que me fai "El pasatiempo". No que vai de ano 93 persoas distintas (delas o 68% repetiron) visitaron o Lusco e Fusco. Non sei se agora que sei que medio cento de persoas len esto se vai supoñer que me corte e conte ata dez antes de poñer calquera parvada.
Espero non perder a frescura de escribir sen pensalo dúas veces... Non vaia ser que unha gaiola me impida voar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario