Nunca perseguí la gloria
ni dejar en la memoria
de los hombres mi canciòn;
yo amo los mundos sutiles,
ingrávidos y gentiles
como pompas de jabòn.
Me gusta verlos pintarse
de sol y grana, volar
bajo el cielo azul, temblar
súbitamente y quebrarse
Paxina de noticias das terras entre o Mendo e o Mandeo e que algúns quiseron chamar Betanzos.
Atopei este video no youtube. Non teño eu moitas veces esperanzas en certos individuos e comportamentos pero o video non deixa de ser moi bonito. E nestes tempos nón está demáis facer un chamamento a esta especie de irmandade universal.... e sin tomar coca-cola.
Mira que lle din voltas. Xa mo dicía a miña nai. Faite un home Susiño. Deixate de leiras. Nos 70 quería ser Hippie, e nos 80 parecíame que a Movida de Vigo, e os de Siniestro total profundizaban máis nas contradiccións do mundo das Urbes modernas. Nos 90 co desencanto probei todo tipo de relacións coa "Existencia". Do Veganismo primitivo ao pracer dos chourizos e lacón. As influencias do rexurdir nacional. Do anti-sistema á Defensa a ultranza da Unión Europea. ¿E total para qué?
Se total mañan teño que madrugar e facer unha viaxe de traballo. Tanto esforzo para o final dar cos meus. Xa teño clase social.... Xa era hora. Carallo.
Pd: Todo o parecido coa realidade e pura ficción.