Como despois de tanta critica e pataleo, vai parecer que ando resentido por algo, e como esta noite vai frío como non facía desde hai anos. O licor de Ron, e a música irlandesa que escoito en Radio Libertaire de París estanme a poñer romántico de máis. E por fin atrevome a falar de enamoramentos e de noites meigas...
Pois ahí tedes a muller dos meus sonos, que espérame nos acantilados da vella Irlanda. Anos levo en dar con ela, e o son dun violin e arpa céltica transportanme nestes intres cara a Illa verde do norte.
Pra que logo digades que son frío e pouco agarimoso. ¿Que máis queredes? Xa vos abrin o meu corazón...
...Sigamos con outra de Licor de Ron.... Vai frío esta noite.
2 comentarios:
Boas festas co desexo de que no 2008 a GARELOSFERA se convirta no elemento dinamizador da sociedade betanceira.
Apropiemonos sin pudor dun Betanzos virtual que medra sin pedir permiso.
Moitas Gracias Blancolexitimo.
Falaremos sí pola Garelosfera, pero tamen no mundo real xa que de momento ninguén inventou a maneira de tomar os viños por internete.
Publicar un comentario