viernes, 29 de junio de 2007

Feira Franca medieval de Betanzos


De novo ven a Feira. Moito traballo. Durante tres días retrocedemos ao medievo. Alguns como o meu fillo Zoel o toman tan en serio que pensan que hai que pasar os tres días sen meterse baixo a auga dunha ducha quente. ¿Que demo pensará el desta vida de feirantes do seculo XIV?.
O Certo que son tres días diferentes. O Corpo alimentado a base de chourizos e sidra. O Espiritu rexuvenece metendose nun papel de cantineiro de epoca. Moita conversación. Moito sudor. Moita musica e a ratos un cachiño para descansar (non hai más que ver as caras de felicidade).
Se quedas sen pasar por Lar de Unta non podes andar dicindo que estiveches na Feira Franca. E sen dubida o local máis emblemático. Recomendado á noite, onde xoglares e trobadores veñen a dar boa conta do licor café.

sábado, 23 de junio de 2007

Flautasía.

Hai poucos días tiven a sorte de coñecer a Dani Lopez. Xa oíra falar dél, o de seu disco Flautasía. Realmente quedei impresionado polo seu talento e pola sua humanidade. E por cousas da vida, unha das ilusións que andaban pola miña "cachola" que eran comprar unha frauta traveseira e intentar volver os meus anos mozos (estou na crise dos 44) vaise facer realidade grazas a amabilidade de Dani que vaime ceder unha das súas (previo pago, e promesa dunhas tortillas na espenuca). El non sabe a ilusión que me fai. Non queda outra que adicarlle un espazo na miña bitacora preguizeira. Se é certo que o que se aprende non se esquece, en pouco tempo volverei a darlle ao tubo, e quen sabe... se cadra contratame na proxima xira. Ainda non sabe que eu son Ian Anderson (ou de Jethro Tull).