martes, 10 de julio de 2007

Historias máxicas da Feira Medieval


Xa sei que un tipo descreído de toda cousa coma mín, non debía darlle publicidade a estos acontecementos. Van pensar que perdín o sentidiño. Debe ser cousa de meigas ou quizáis que nesta época aínda pasaban, pero o certo é que este moucho grande como poucos, falaba. E se isto é sorprendente, máis aínda que me pedira unha sidra en perfecto francés. Tivo sorte que ando aprendendo e que entendinlle á primeira. Eu como bon taberneiro estaba desposto a darlla e non preguntar máis nada. A miña filla que non daba creído do que estaba a suceder, non desaproveitou para mirar á cámara. Quen sabe,sabe.
De agora en adiante deixarei de poñer caras cando pasen estas cousas en Harry Potter. Xuroo. Falar falaba e bebía sidra. Eu tamen, pero penso que non tanta para estar errado.
PD:Xa estamos pensando na do ano que ven.

viernes, 29 de junio de 2007

Feira Franca medieval de Betanzos


De novo ven a Feira. Moito traballo. Durante tres días retrocedemos ao medievo. Alguns como o meu fillo Zoel o toman tan en serio que pensan que hai que pasar os tres días sen meterse baixo a auga dunha ducha quente. ¿Que demo pensará el desta vida de feirantes do seculo XIV?.
O Certo que son tres días diferentes. O Corpo alimentado a base de chourizos e sidra. O Espiritu rexuvenece metendose nun papel de cantineiro de epoca. Moita conversación. Moito sudor. Moita musica e a ratos un cachiño para descansar (non hai más que ver as caras de felicidade).
Se quedas sen pasar por Lar de Unta non podes andar dicindo que estiveches na Feira Franca. E sen dubida o local máis emblemático. Recomendado á noite, onde xoglares e trobadores veñen a dar boa conta do licor café.

sábado, 23 de junio de 2007

Flautasía.

Hai poucos días tiven a sorte de coñecer a Dani Lopez. Xa oíra falar dél, o de seu disco Flautasía. Realmente quedei impresionado polo seu talento e pola sua humanidade. E por cousas da vida, unha das ilusións que andaban pola miña "cachola" que eran comprar unha frauta traveseira e intentar volver os meus anos mozos (estou na crise dos 44) vaise facer realidade grazas a amabilidade de Dani que vaime ceder unha das súas (previo pago, e promesa dunhas tortillas na espenuca). El non sabe a ilusión que me fai. Non queda outra que adicarlle un espazo na miña bitacora preguizeira. Se é certo que o que se aprende non se esquece, en pouco tempo volverei a darlle ao tubo, e quen sabe... se cadra contratame na proxima xira. Ainda non sabe que eu son Ian Anderson (ou de Jethro Tull).

sábado, 28 de abril de 2007

Carla Bruni non é a miña moza pero....

Se cadra á miña profesora de francés daselle por entrar aquí, así que imos adicarlle este video de Carla Bruni (tema escollido "Quelqu'un m'a dit") . Merci Nathalie por tu paciencia.
Deste xeito queda inaugurado os videos de Musica Francesa que terán un lugar especial neste blog. E non me fago responsabel da calidade estética do mesmo, polo que os improperios para o paisano que anda detrás da ventana mellor facelos en Google.
Acompañamolo da letra para quen saiba...


On me dit que nos vies ne valent pas grand chose,
Elles passent en un instant comme fanent les roses.
On me dit que le temps qui glisse est un salaud que de nos chagrins il s'en
fait des manteaux pourtant quelqu'un m'a dit...
Refrain
Que tu m'aimais encore,
C'est quelqu'un qui m'a dit que tu m'aimais encore.
Serais ce possible alors ?
On me dit que le destin se moque bien de nous
Qu'il ne nous donne rien et qu'il nous promet tout
Parais qu'le bonheur est à portée de main,
Alors on tend la main et on se retrouve fou Pourtant quelqu'un m'a dit ...
Refrain
Mais qui est ce qui m'a dit que toujours tu m'aimais?
Je ne me souviens plus c'était tard dans la nuit,
J'entend encore la voix, mais je ne vois plus les traits "
Il vous aime, c'est secret, lui dites pas que j'vous l'ai dit"
Tu vois quelqu'un m'a dit...
Que tu m'aimais encore, me l'a t'on vraiment dit...
Que tu m'aimais encore, serais ce possible alors ?
On me dit que nos vies ne valent pas grand chose,
Elles passent en un instant comme fanent les roses
On me dit que le temps qui glisse est un salaud
Que de nos tristesses il s'en fait des manteaux,
Pourtant quelqu'un m'a dit que...
Refrain

domingo, 15 de abril de 2007

Hoxe empeza unha nova bitácora







Despois de moito meditar, creo por fin que xa atopei o xeito de continuar con esto das bitácoras (blogs). Seguramente irá cambiando, pero cando menos deixarei o lado a miña natural preguiza e desde hoxe prometo empezar a escribir.
Veredes que agora hai publicidade. Tranquilos. À miña idade non e que haxa descuberto as ventaxas do mundo comercial, e que queira facerme rico. Asegurovos que foi pura casualidade de querer saber como funciona todo esto. Se algún día cobro algún patacón, que non creo, irá destinado algunha boa causa.... Desde invitar a viños ós amigos ata..... (deixademe ideas nos comentarios).
Pois como dicia. Desde hoxe empezarei a comentar aquelas cousas que pasan pola vida e que me pareza que poidan ter algun chiste poñelas aquí. De entrada, onte a tarde, 14 de abril ¡¡Viva la Republica!! entereime que alguns dos escritores galegos de mais grande fama andaban de romaría polos caneiros. Entre eles Manolo Rivas. E como miña muller anda medio tola polo tal Manolo (non debe ser a unica) fun dandome un paseo por ver se tiña sorte de dar con el, e pedirlle un autografo. Collin a sua obra "Os libros arden mal" (recomendada) e tirei para os Caneiros nun día precioso de sol. Como as cousas funcionan por casualidade fun dar no camiño cun home que resultou ser "blancolexitimo", un deses anonimos que deixan comentarios nos blogs. Alegrome un montón de saber quen é. E mandolle desde aquí unha aperta.

A pesar da tardanza en chegar... liome con calqueira polo camiño....cheguei por fin aos caneiros e como xa estaban para marchar na "Diana Cazadora" tiven que pedirlle a un... (Xurxo Souto) que fixera o favor de chamar a Mr. Rivas , que non ía eu marchar cas mans valeiras despois da camiñata.
Achegueime a el con cara de saber que carallo terá este tal Manolo que non teña eu, para ter tanto exito coas mozas... Non tardei moito en entendelo. Máis alto, máis juapo, escribe mellor e ten fama. Decidin ser modesto e calar. Certamente foi encantador. Agora Rosa ten o libro coa dedicatoria e eu leveime outra que reproduzo a continuación.

" A Suso. Na viaxe río arriba, a libertaria, a contravento! Saude e terra. "


Pd. Mirade este bloq (dun amigo) : O Levantador de minas, onde aperece unha critica da obra de Rivas e outros comentarios. Magnifico blog no continente e nos contidos.







viernes, 13 de abril de 2007

Curso Pedagoxico.1.Como comportarse nas comidas.

Vai de picada. O meu mestre Sof, quere saber onde gusto encher o bandullo. De momento podo asegurar que o restaurante do video non está en Betanzos,ainda que de seguro que hai algún que.... mellor deixalo de momento.
Nesta primeira lección aprenderemos a comportarnos no momento do bon xantar. De vos depende escoller o xeito de comer, ainda que se esperades a velo todo, non teredes dubida.
Bon proveito



sábado, 10 de marzo de 2007

Salto desde a tradición cara o friquismo universal

Acabo de descubrir unha cousa chamada youtube. Agora xa sei que carallo é isto do seculo das novas tecnoloxías. Como mostra un video que demostra os efectos da globalización.

Gracias a Chino Cudeiro pola axuda na traduccion desta canción popular que demostra os lazos culturáis que nos unen a galegos e chineses.

Canción: Ay Carmeliña!
Traduccion: Chino Cudeiro
Letra: Nao-che-sei
Musica:Tan-pou-ko.


Ay Carmeliña que moza eres
Ay Carmelina que boas estás
Ay Carmeliña levote a un baile
e despois a un palleiro que ten o abó.

Ay Manoliño, estate queto
Ay Manoliño non quero ir
Ay Manoliño xa teño mozo
Outro mais rico e que faime rir

Ay Mariquiña ¿e a tua veciña?
Ay Mariquiña tamen me vai
Ay Mariquiña que teño presa
Mira que corpo de gran hulai

(notese como letra e musica lembran as nosas grandes tradicions musicáis)