miércoles, 16 de abril de 2008

Chiquifacha

Xa sei que non é novedade pero non puiden evitar poñelo.

domingo, 30 de marzo de 2008

Un día calquera dos que non vou traballar.


Non é o saudo do Fascio (tranquilos), tampouco que me sinta Colón, ainda que neste cso coincidamos en sinalar a situación das Américas, pero a quen lle diga que existen tardes como esta no Inverno galego, vai ter que mudar de tópicos sobre o tempo. ¿Ou será o cambio climático?.
Bueno, podemos pasar esta entrada ó arcón das cousas improvisadas. Non hai máis que.... fixxenos porque me petaba. Por non ter non lle teño nen titulo.

sábado, 15 de marzo de 2008

Zeltia


Felicidades Zeltia. Non és unha idea, tampouco un lugar. A miña filla. Once anos xa.

domingo, 27 de enero de 2008

Alcorcón, Spain, Hip Hop e hai que estar cos tempos.

Pois que algó haberá que aprender dos que veñen. Un fillo hiphopero de betanzos e un sobriño graffiteiro de Alcorcón. Esta familia vai dar que falar. A miña nai valialle cun "bolero" e a mín tocoume a década de "Paco Ibañez en el Olimpia", pero que carallo. Agora dise así...

domingo, 16 de diciembre de 2007

Amores ocultos

Como despois de tanta critica e pataleo, vai parecer que ando resentido por algo, e como esta noite vai frío como non facía desde hai anos. O licor de Ron, e a música irlandesa que escoito en Radio Libertaire de París estanme a poñer romántico de máis. E por fin atrevome a falar de enamoramentos e de noites meigas...
Pois ahí tedes a muller dos meus sonos, que espérame nos acantilados da vella Irlanda. Anos levo en dar con ela, e o son dun violin e arpa céltica transportanme nestes intres cara a Illa verde do norte.
Pra que logo digades que son frío e pouco agarimoso. ¿Que máis queredes? Xa vos abrin o meu corazón...
...Sigamos con outra de Licor de Ron.... Vai frío esta noite.