domingo, 11 de noviembre de 2007

Sexo en Betanzos

Na ilustración: Tarde de Sexo en Betanzos dun tal Picasso.


Pido disculpas a ese 60% (cifras oficiáis de preferencias en internet) de visitantes deste blog que buscaban realmente ¡sexo!, e por riba en Betanzos. Toda a culpa é deste Domingo aburrido. Vou e daseme por mirar en Internet como mellorar as visitas do Lusco e Fusco. Todos os expertos me propoñen facelo en inglés porque eso falan o 85% dos internautas. Sintoo. Vouno seguir facendo en galego.
Outras das posibilidades era poñer nos titulos as palabras-chave do TOP español. Dixen TOP e non POP, que ven ser algo así como que para que a xente lea ás miñas chorradas, teño que falar do BOE, de Operación triunfo, de Zara ou de Libertad Digital, que parecen ser as preferencias dos meus compatriotas. Xa sabía eu que as cousas non andaban ben.
-"la que está liando Zapatero"- que diría o Gran Wyoming.
Pois caseque o final decidinme polo fácil. Sexo, porque dos fascistas de Libertad Digital non tería máis que "palabras inadecuadas" e do BOE pareciame un tanto forte, de O.T. pois que non che sei gran cousa, e de Zara..... ay de Zara o día que escriba, escribo un libro que por algo paso a terceira parte da miña vida baixo esas paredes.
Non deixedes de ver o video clikando en sexo. Sodoma e Gomorra "al alcance de todos".

viernes, 9 de noviembre de 2007

XIII.

Aproveitando que teño que ler en francés e que gusto dos comics (BD que din os galos) e que teño a sorte de ter un compañeiro belga no meu curro que parece ser tamén un apaisoado deste tipo de literatura, pois que me vai e me recomenda "XIII". Sei que falo dun clásico pero para mín era descoñecido. Eu do comic francés ou belga, quedeime en Asterix e Tintín e pouco máis. Agora xa podo fardar de estar practicando francés con esta colección de 19 cadernos.
Como non podía ser doutra maneira haiche xa milleiros de paxinas na rede. Desde wikipedia ata web oficiáis e non oficiáis. Seguro que hai clubede fans. Sinto pero eu non serei un "FRIKI" deses.

domingo, 4 de noviembre de 2007

Samaín


Onte celebramos en Lar de Unta o Samaín. Como non vou a explicar aquí a orixe desta festa que sempre chamouse en Betanzos "Cabeiras dos melóns", queda o enlace da wikipedia.
Foi unha noite ben bonita. Máis nenos que nunca. Despois de facer as cabazas e ao son dun gaiteiro libertario a tradicional marcha pra sacar fora os malos espiritus. E que mellor sitio que no atrio de Santa Maria. Tome Sr. Parroco, unha festa pagana diante da súa casa.
Un prato forte deste Samaín terminado en Magosto popular foi a improvisada formación dun coro que deixaría pasmado aos de Cantigas da Terra. Non sei se pasmados ou espantados, pero coa boca aberta seguro. A musica popular galega ten chegado con esta actuación a súa cimeira. Debeu ser por efecto máxico do viño de Leo que feito con mans druídicas é capaz de facer de nós bardos e poetas da noite estrelada.
Os cativos sempre listos eles decidiron pola súa conta facer un karaoke acompañados dunha tal Julieta Venegas ¡¡Cousas de nenos!!.
Parece que decididamente o Concello e os Sres. representantes do pobo non se dignaron a facer acto de presencia a pesares de teren sido invitados. Hai que llo agradecer pois daquela non poderiamos ter cantado aquelo de "Alza tu cerveza, brinda por la libertad,bebe y vente de fiesta, el infierno es este bar"

miércoles, 31 de octubre de 2007

Cuántica. Camiños á natureza.


Se algo me gusta (salvando unha boa mesa) é camiñar. Desde que descubrín eso de patear os montes, riveiras e costas, alí por onde un coche non pode andar amolando, pois que parece que veño de descubrir un novo país. Eu non lle teño culpa de ter sido "urbanita". Agora que teño os pés algo máis perto da terra, pois iso....
Dalgunha maneira tiña que empezar eu como desculpa para falar dunha nova empresa: Cuántica.
Pepe,Neft e Bruno nos propoñen a través de www.cucana.com novos camiños de retorno á natureza. Rutas e actividades que nos devolvan a sensación da terra e a vivencia da paisaxe con todos os nosos sentidos.
Espero que teñan moito exito.

Para contactar con eles:
Tlf: 639.635.344

sábado, 27 de octubre de 2007

Jacques Brel.

Mañan serán 45 tacos. Ne me quitte pas.

martes, 23 de octubre de 2007

MC Donalds dos meus amores


Xa sei que de momento estamos libres deste mal pero pouco nos queda para que no medio da Feira nos poñan ún. Lembreime de poñer esto porque no Blog máis visto de Betanzos "El Pasatiempo" o Sr. Sof me recorda o abandonado deste outro blog, menos visitado sen dubida. E tamen porque o día 16 foi o día Internacional contra Mc Donalds, ay, e isto sí que é unha teima miña.
Bon comedor como son (a panza delatame) e amigo de falar de cuchipandas, Mc Donalds é o meu principal "inimigo". Sí, son talibán. Pero motivos non faltan. Hainos ecoloxicos, laboráis, culturáis, sanitarios, e de saude mental. Ademáis un socio de Lar de Unta non pode ir comer a calquera lado, caramba, que hai que ter principios e dignidade.
De momento insisto estamos a salvo. A Globalización gastronómica vai ter en nós, betanceiros de "arroz con chícharos e patacas novas" a inimigos implacables.
Por hoxe conténtome con poñer algunha web que explique dunha maneira máis racional este amor apaixoado pola chamada comida rápida. E como agora están de moda os xogos, non deixedes de facer este.

viernes, 14 de septiembre de 2007

Palabras para Julia



Hai insistencias ante as que ún non se pode negar. Para unha lectora que teño non vou ser tan parvo de facerme o interesante. Palabras para Julia. Goytosolo na musica de Paco Ibañez. Imposible mellorar esto.