jueves, 20 de agosto de 2009

Unha rúa diferente

Ando tentado estes días en darlle a esta bitacora un aire morriñento ou cando menos que me faga de recordatorio pois descubro como ano trás ano olvidome de moitas cousas. Desde logo da rúa onde nacín, non, que aínda non vou tan vello.
Rúa da Franxa (A Coruña): De momento segue a estar no mesmo sitio pero de aquela ata hoxe ben que cambiou. Agora adaptouse ao turismo (antes non había tal). Onde tiñamos un panadeiro con forno e todo, agora hai un bar. Onde tiñamos a "lechería" (leite leyma, yogures rueda e para de contar),agora hai un restaurante. Onde tiñamos o reloxeiro, o do serrín a unha peseta a bolsa, e o zapateiro, agora temos un bar, un bar e outro bar.
Xa vedes que a cousa está preparada. Así que se facedes turismo ben podedes deixarvos caer nesta rúa. Eu quedome coa lembranza da que foi.

jueves, 13 de agosto de 2009

Aumentamos a familia


Non é que esta bitacora vaia agora a se converter nunha revista rosa, pero tampouco ampliamos a familia todos os días. "Dalsi" ven de Camariñas e notaselle no seseo, pero agora non lle queda outra que se adaptare aos costumes betanceiros: comer tortilla, ser festeiro, e pasear desde a "Diana cazadora" ata a estatua dos Irmans García, e así ida e volta, ata ser aceptado polos cans de Betanzos de "toda a vida".