miércoles, 1 de agosto de 2007

Vacacions sí, e ben lonxe.


Dacordo. Xa sei. Paseime. Dixen que este ano retomaba a miña aficción ás viaxes. Tiña ganas de ir algo lonxe da terra. Creo que esaxerei. Ademáis ben acompañado. Por uns momentos non quedou máis remedio que deixar de lado a miña adversións ás bandeiras (sobretodo a certas bandeiras) é grazas a unha estupenda suvbención da NASA, puiden pasar unha magnifica semana. "Unha noite na estación MIR,unha noite non é nada, unha semaniña enteira, esa sí que é estacionada".
Despois da feira medieval necesitabamos un cambio de aires. Unha oferta coma ista non se podía desaproveitar. Agradezo aos tecnicos e persoal da cidade do espacio de Toulouse, as facilidades dadas para esta aventura. Podovos asegurar que desde alá arriba, as cousas da Terra vense na súa xusta dimensión. Pequenas algunhas (as miserias do individualismo que nos cega) e outras en cambio nos ensinan que como non poñamos remedio, quedamonos sen planeta.
Por certo. Desde tan alto non se diferencian as fronteiras artificiáis. Pero vense MacDonalds por todos lados. Haberá que ter coidado.
Polo demáis todo ben. Non houbo maneira de escoitar os noticiarios da COPE e perdín de asistir a misa o Domingo.